martes, 4 de diciembre de 2007

Peixes recién chegados

A fauna ictiolóxica de Galicia foi ben estudiada e recollida en varias publicacions como "Guía dos peixes de Galicia" ou "Peixes do mar de Galicia" (ver referencia completa na columna Bibliografía). Pero á vista dos acontecementos, derivados ou non do cambio climático, en breve teremos que facer unha nova guía incluíndo moitas especies que só recentemente están a ser citadas nas nosas augas. Trátase de especies de afinidade cálida, de augas mais quentes, cunha distribución que clásicamente remataba bastante mais ó sur de Galicia, pero que agora están a aparecer nas nosas augas. En todo isto pode ter algo que dicir o aumento da temperatura media da auga nas nosas costas, que nos últimos 40 anos pasou de 15,2 ºC a 16,2 ºC (Álvarez Salgado, X.A., 2007). Tamén pode ter certa influencia o esforzo que se fai por detectar este tipo de especies é cada vez maior, e antes inexistente.

Algunhas destas novas especies recentemente citadas son:
- Fistularia petimba.
http://group.ezlife.com.cn:8080/data/media/7/a572yy.jpg

É un peixe que tiña o seu límite norte (no Atlántico oriental) en Angola primeiro e Cádiz despois. Agora é Galicia (Bañon & Sande, 2007) Son peixes corneta, do mesmo Orde que os cabaliños e os trompeta, pero dunha familia distinta (Fistulariidae). Son extremadamente longos, cunha prolongación da aleta cuadal de varias decenas de centímetros. Son peixes cando menos chamativos debaixo da auga.

- Pisodonophis semicinctus.


http://www.fishbase.com

É o segundo rexistro no Atlántico europeo (Bañon et. al, 2002). É outra especie que tiña unha distribución clásica que chegaba ata os 37ºN, é dicir, Angola no Atlántico e Alxeria no Mediterráneo. A cita en Galicia amplia considerablemente esta distribución.

-Gaidropsaurus granti.

www.horta.uac.pt

Peixe habitante das Canarias e Azores (onde é chamado "viúva do alto"), pero tamén agora citado para Galicia. É un peixe da familia da maruca (Lotidae). Vive en profundidade medias, entre os 20 e os 50 metros.

Este son só tres, pero a lista continúa. De serguiren así as cousas, terémonos que ir habituando xa a estes novos habitantes das nosas costas...

Deixo unha lista de outros peixes de afinidade tropical rexistrados para Galicia nos últimos anos:

- Pseudocaranx dentex

- Hoploustethus cadenati

- Neoscopelus macrolepidotus

- Nettastoma melanura

- Halosaurus ovenii

- Cyttopsis roseus

- Carnax crysos

- Dasyatis violacea

- Physiculus dalwigkii

- Neoscopelus microchir

- Linophryne coronata

Álvarez Salgado, X.A., 2007. A proba de escépticos. La voz de Galicia (20/11/2007).
Bañón, R.; del Rio, J.L.; Piñeiro, C.; Casas, M. (2002). Occurrence of tropical affinity fish in Galician waters, north-west Spain. J. Mar. Biol. Ass. U.K. 82(5): 877-880.
R. Bañón, C. Sande.2007 First record of the red cornetfish Fistularia petimba (Syngnathiformes: Fistularidae) in Galician waters: a northernmost occurrence in the eastern Atlantic .Journal of Applied Ichthyology (OnlineEarly Articles).

1 comentario:

RAFA BAÑÓN dijo...

A presencia da corneta colorada Fistularia petimba é un dos casos máis espectaculares de expansión cara o norte do límite de distribución para un peixes mariño cun desprazamento en liña recta cara o norte de 2600 km en 17 anos, é dicir unha media de ¡¡153 km por ano!!.