Mostrando entradas con la etiqueta Fam. Labridae. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fam. Labridae. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de octubre de 2009

Symphodus melops (Linnaeus, 1758)


Este é o serrán mais abundante en Galicia. Diferénciase deste outro rápidamente pola mancha oscura en forma de medialúa que teñen detrás de cada ollo (na foto case non se ve por causa dos isópodos parásitos). Levan ademias outra no pedúnculo caudal. A cor de fondo é moi variable, dende marrón a verde, cunha serie de puntos escuros organizados en bandas lonzitudinais da cabeza á cola. Viven en grupos en zonas de rocas a pouca profundidade, onde se alimenta de pequenos invertebrados. Os machos fan niños con algas entre as pedras ou en fendas, a onde as fémias van depositar os ovos na primavera. Son hermafroditas, primeira machos e logo fémias. Non soen pasar dos 20 cm e dos 9 anos de vida.

lunes, 6 de julio de 2009

Centrolabrus exoletus Linnaeus, 1758


Este é un piloto, primo dos serráns e das maragotas. É un peixe pequeno que non pasa dos 20 cm, que vive en zonas de golfeiro a pouco fondo, onde come pequenos invertebrados. É bastante frecuente, vense moitas veces formando grupos numerosos nadando por riba de prominencias submarinas, en actitude "xoguetona" co submarinista. Normalmente son de cor rojiza, parda ou verdosa, coas aletas amarelas e lineas sinuosas coloridas na cabeza. Pero no verán os machos adquiren unha tonalidade azul brillante polo dorso moi característica, e as raias da cabeza acentúanse. Como o resto de lábridos, os ovos son depositados en niños feitos con algas no fondo.É un peixe que vive do norte ó sur de Europa, de Noruega a Portugal. Debaixo do mar poderíase confundir co tabernero (Ctenolabrus rupestris), pero o piloto non ten a mancha no pedúnculo caudal, entre outras diferencias. É un peixe dos chamados limpiadores, pois é frecuente un comportamento de desparasitaxe de outras especies, característica aproveitada na acuicultura de salmóns.

*Tully, O., Daly, P., Lysaght, S., Deady, S. & Varian, S. J. A. (1996). Use of cleaner-wrasse (Centrolabrus exoletus (L.) and Ctenolabrus rupestris (L.)) to control infestations of Caligus elongatus Nordmann on farmed Atlantic salmon. Aquaculture 142, 11–24.

jueves, 25 de junio de 2009

Labrus mixtus Linnaeus, 1758


Este peixe é un can.
É inconfundible debaixo do mar, pola súa forma esbelta e cabeza puntiaguda. A coloración é diferente nos machos e nas fémias. Estas son de cor de fondo alaranxado ou rosado, con riscas azuis na cabeza moi chamativas, pero sobre todo con 2-3 manchas negras no fin da base da dorsal chegando ó pedúnculo caudal, intercaladas con manchas brancas, características da especie. Os machos xuvenis son de igual coloración as fémias pero sen as manchas características. Os machos presentan unha coloración azul escura na cabeza con líñas azuis que se extenden hacia atrás polos flancos do corpo. O resto do corpo é alaranxado (outro día poño a foto dun macho). Nos dous sexos, a marxe das aletas leva unha liña azul brillante. Na época fértil levan unha mancha branca na cabeza.
Os machos medran mais (ata 35 cm) que as fémias. Viven en zonas de pedra con golfeiro, pero chegan ata os 200 m de profundidade. As fémias son moi curiosas, nadan hacia o buceador e xiran moi cerca para volver por onde viñeron. Os machos asoman a menudo en covas, ainda que tamén se ven nadando libremente, normalmente a mais fondura.
Como moitos outros lábridos, estes peixes nacen fémias (con excepcións) e chegada unha idade cambian de sexo. Poñen os ovos en niños feitos con algas que parece ser que cuidan os dous proxenitores.
Aliméntanse de pequenos crustáceos e moluscos bivalvos.
Viven desde Noruega a Senegal, Azores e o Mediteráneo.

viernes, 15 de mayo de 2009

Symphodus cinereus (Bonaterre, 1788)


Esta é a femia. Son serráns pequenos (10 cm), que viven en zonas de area ou plantas mariñas. As fémias teñen unha coloración gris como a da foto, cunha bandas lonxitudinais oscuras. A papila xenital ,por onde saen os ovos, é azul e ten forma de cono. Os machos son marróns, cunha mancha na base do pedúnculo caudal (moi chamativa:negra-azul) e outra no inicio da dorsal. Ademáis levan 4-5 manchas na base ó longo da dorsal, pero poden estar mais difusas. Outro día poño a foto. Na época de reproducción (primavera, verán) os machos fan niños con algas e cunchas, sempre en zonas de area. As femias van alí a depositar os ovos, que son fertilizados rápidamente e coidados polo macho ata a eclosión. O comportamento do macho nesta época e todo un espectáculo. É un peixe que vive no Mediteráneo en no Atlántico, desde Gibraltar ata Arcachon, en profundidades someras. Aliméntase, como moitos outros serráns, de pequenos invertebrados.

jueves, 9 de abril de 2009

Symphodus bailloni (Valenciennes, 1839)

En Galicia hai varias especies de serráns (ou vellos), e esta é unha. Aínda que se chaman serráns, non pertencen a familia dos Serránidos, como as cabras ou os meros; son Lábridos, como as maragotas e os cans. Esta especie é unha das 5 do xénero Symphodus en Galicia. Debaixo do mar parécese sobre todo ó S. melops. Para diferencialos hai que fixarse nas manchas escuras do corpo, que por outra parte ás veces son demasiado tenues ou simplemente non están. Esta especie ten unha no pedúnculo caudal e algunha mais na dorsal, aínda que na foto non se aprecian ben. Tamén ten o pedúnculo caudal moi alto en comparación con outras especies similares. Como outros serráns, os machos fan uns niños con algas, transportándoas na boca ata o lugar elexido. Cando está listo, as fémias van a deixar alí os ovos que rápidamente son fecundados. Despois o macho queda un tempo preto do niño para cuidar a prole. Seguramente sexan hermafroditas como tantos outros lábridos. Viven en fonduras de ata 50 m, en zonas de rocas con algas. Comen invertebrados do fondo. O normal e ver exemplares de ata 15-18 cm. É un peixe ben extendido no Atlántico oriental, dende Mauritania ata o Mar do Norte de Europa e o Mediteráneo.

jueves, 26 de febrero de 2009

Ctenolabrus rupestris (Linnaeus, 1758)


Este é o tabernero (non sei se hai outros nomes comúns en galego). É un pequeno lábrido de ata 18 cm e 20 anos de idade que vive na zona litoral, ata os 50 m de profundidade, en fondos de pedra. Recoñécese ben pola mancha oscura na parte superior do pedúnculo caudal. Ten outra no primeiro radio da aleta dorsal, aínda que na foto no se aprecia. A coloración pode ser dende marrón ata verdosa ou alaranxada. Come pequenos invertebrados. Tamén parásitos doutros peixes, e por iso ten sido utilizado para desparasitar salmóns nas xaulas de cultivo do norte de Europa. Como outros membros da familia, reprodúcese no verán; o macho defende territorio. É un peixe de augas templadas; vive no Atlántico noreste (de Noruega a Marrocos) e no Mediterráneo e Mar Negro. En Galicia é relativamente frecuente.

domingo, 11 de enero de 2009

Labrus bergylta Ascanius, 1767


Este peixe é unha maragota. É un peixe moi frecuente en Galicia, e ten valor culinario. Pertence á familia dos lábridos, como as señoritas ou os cans. A coloración é moi variable, dende rosado ata verdoso, pasando por marrón e amarelo. Tamén vermellos con puntos brancos, e nese caso en Galicia chámase pinto, pero é o mesmo peixe. Cando nacen todos os individuos son femias, pero co tempo transfórmanse en machos, é dicir, son hermafroditas sucesivos. O cambio de sexo ocurre entre os 5 e os 14 anos, é moi variable. Despois poden vivir ata 30 anos e chegar a pesar varios kilos. Son omnívoros, comen de todo, pero preferentemente crustáceos e moluscos. Como outros lábridos, os machos fan un niño acarrexando algas coa boca, a onde irán unha ou mais fémias a por os ovos. É un peixe de augas templado-frías: habita dende Noruega ata Marrocos, Macaronesia incluída (excepto Cabo Verde).
*Dipper, F.A., Bridges, C.R. and Menz A. 2006. Age, growth and feeding in the ballan wrasse Labrus bergylta Ascanius 1767. Journal of fish biology 11(2): 105-120