Mostrando entradas con la etiqueta Fam. Gobiidae. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fam. Gobiidae. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de noviembre de 2011

Gobius paganellus (Linnaeus, 1758)

Parece que os lorchos nunca terminan. Este é un lorcho escamento, moi frecuente en Galicia en zonas rocosas e tamén con area fina. É especialmente frecuente nas pozas que quedan coa marea baixa, incluso debaixo de algas emerxidas coa baixamar, onde aguantan ata unha nova marea. Como G. niger e outro, son frcuentes nos fondeadoiros de pequenas embarcacións, aproveitando os mortos dos barcos como hábitat.
Recoñécese pola banda amarela ou laranxa que recorre a primeira aleta dorsal, non moi visible na miña fotografía. A cor é moi variable: normalmente castaños ou pardos, pero os machos reproductores son negros co borde das aletas claro. Viven non só no Atlántico, senon tamén no Mediterráneo e no mar Negro. Incluso conseguiron alcanzar o Mar Vermello a través do Canal de Suez. Viven uns 10 anos, e comen pequenos invertebrados da area e algas.

lunes, 13 de junio de 2011

Pomatoschistus pictus (Malm, 1865)

Outro lorcho. Este é moi frecuente e abundante, en fondos de area media e grosa, e a vecez aparece nas zonas de pedra, como na foto. Pertence a un xénero complicado, pero neste caso a especie diferénciase ben, porque as aletas dorsais teñen un puntos negros moi característicos que forman varias liñas lonxitudinais. Ademáis, o corpo presenta catro pares de manchas negras nos laterais. A cor de fondo a verde parduzca, mais ou menos clara. Non soe pasar dos 6 cm, e ás veces atópanse en densidades de mais de 20 peixes por metro cuadrado. Viven dende as pozas de marea, hasta mais abaixo dos 50m, e como o resto dos lorchos, comen pequenos invertebrados, sobre todo. Esta especie esta distribuida dende Noruega a Canarias en no Mediterráneo.

lunes, 1 de junio de 2009

Gobius cobitis Pallas, 1814


De tódolos lorchos de Galica, este é o mais grande con diferencia. Chámase gobio da pedra ou gobio xigante. Poden medir 27 cm. O da foto mediría uns 15 cm. Viven a pouco fondo, ás veces nas pozas de marea. Soportan ben augas salobres. Normalmente non baixan dos 10 m. Son zonas con moita luz, con pedras cubertas de mexillón, ourizos e algas rojas incrustantes, sempre con cavidades onde refuxiarse. É bastante tímido e pasa bastante desapercibido a pesar do seu tamaño. Comen de todo: algas, gusanos, caranguexos, ... Levan unha coloración jaspeada, con manchas oscuras e claras que os camufla moi ben no seu hábitat. Debaixo do mar é inconfunduble polo seu tamaño e hábitat. Os machos levan as aletas bordeadas de branco. Viven uns 10 anos, e son maduros con 2. Como outros lorchos, as femias deixan varios miles de ovos pegados debaixo das pedras, e os machos fertilízanos e coidanos. É subtropical, vive no Mediterráneo e no Atlántico de Marruecos ó Reino Unido (onde está protexido).

viernes, 18 de julio de 2008

Gobius niger Linnaeus, 1758


É moi común este lorcho, sobre todo en zonas de fango ou area, en augas interioes, en portos, en zonas de Ulva ou de Zostera, e en zonas con certa contaminación. Esta é a coloración normal: fondo acastañado claro cunha serie de manchas nos flancos. Os machos, na época de reproducción, vólvense completamente negros, de ahí o de niger. Comen, como tantos outros lorchos, pequenos crustáceos,bivalvos, poliquetos e algún peixe pequeno.

martes, 15 de julio de 2008

Thorogobius ephippiatus (Lowe, 1839)


Este é o gobio leopardo, outro lorcho escamento. Non é moi frecuente en Galicia, e ainda por riba e dificil de ver. Vive en hábitats con pouca luz, dentro de cuevas ou cavidades con fondo de area, ou nas suas inmediacións. Pénsase que é de hábitos mais ben nocturnos. Eu é a segunda vez que o vexo buceando, as dúas veces a menos de 15 m. Para quen ten a sorte de encontralo, é inconfundible. Vive en toda a costa Atlántica europea, de Noruega a Canarias, e Mediterráneo.

viernes, 21 de marzo de 2008

Gobius xanthocephalus Heymer and Zander, 1992

Este gobio, moi frencuente en fondos mixtos entre os 2 e os 25 metros en Galicia, chamouse ata 1992 Gobius auratus. Realmente baixo ese nome denominábanse dúas especies, ata que en 1992 (Heymer and Zander) describiuse como especie separada o G. xanthocephalus, gobio de cabeza amarela. Dende entón, non se sabe moi ben onde está cada un, pois a nova especie só se confirmou para o Mediterráneo (Heymer and Zander, 1992), Canarias (Wirtz and Herrera, 1995), Portugal (Almada and Arruda, 1998) e o Mar Negro (Vasil'eva and Bogorodskii, 2004). Agora estase preparando o traballo que confirma a presencia e aporta algún dato ecolóxico desta especie nas costas de Galicia. Pero seguramente estexa presente en moitos mais lugares, falta só a confirmación.
É un peixe moi tímido, é moi dificil fotografialo, porque á mínima escóndese en pequenas fisuras ou cuevas, das que nunca se separa mais duns centímetros.
Ten a cabeza amarela, e o resto do corpo gris claro cun sistema de liñas de puntos encarnados.
.
.
*Almeida, A.J. and Arruda L.M. 1998. Gobius xanthocephalus Heymer and Zander 1992 in Portuguese waters (Pisces: Gobiidae). Arq. Mus. Boc. Vol.III, 5, pp: 205-212
*Heymer A. and Zander C. D. 1992. The status of Gobius auratus Risso, 1810 and description of Gobius xanthocephalus n.sp. from the Mediterranean Sea (Teleostei, Gobiidae) . Zoologische Jahrbücher. Abteilung für Systematik, Ökologie und Geographie der Tiere vol. 119, no2, pp. 291-314 (2 p.)
*Vasil'eva E.D. & S.V. Bogorodskii, 2004: Two new species of gobies (Gobiidae) in the ichthyofauna of the Black Sea. J. Ichthyol. 44: 599-606.
*Wirtz, P., Herrera, R. 1995 The lobster Enoplomeiopus antillensis (Decapoda: Enoplometopidae), and the goby Gobius xanthocephalus (Pisces: Gobiidae) - new records for the marine fauna of the Canary Islands. Arquipélago. Life and Marine Sciences 13A: 1 15- 1 18.

domingo, 2 de marzo de 2008

Gobius gasteveni Miller, 1974



Será por lorchos en Galicia...

Éste vive en fondos de area grosa, fango ou mesmo Maerl (algas rojas calcáreas). É unha especie pouco coñecida. Ata fai ben pouco esta citada só para as Illas Británicas, Canarias e Madeira, ata que Alberto et al. (1999) o citaron en Galicia, sendo así a primeira cita na Europa continental. Non é facil distinguilo in situ, como o resto dos gobios de area. Éste caracterízase maiormete pola liña que ten no fuciño que atravesa os ollos, ainda que a intensidade e cor pode variar. Ademais hai unha liña de pequenos puntos negros ó longo dos flancos, que se superpón a outra serie de manchas de cor marrón. Aliméntase de invertebrados (sobre todo crustáceos) e algas. Mide ó redor dos 8 cm. en estado adulto.

* Alberto L J, Nieto P, Rodriguez Solórzano . 1999. Live colouration and diet of Gobius gasteveni (Teleostei: Gobiidae), with a first record from continental Europe. Cah. Biol. Mar. 40: 77-85.

domingo, 27 de enero de 2008

Gobius cruentatus Gmelin, 1789

Este é outro gobio, neste caso o de boca vermella (ou encarnada). Ben se ve de onde ven o nome.
É un peixe bastante frecuente no submareal galego, a pesar do que se di nalgunha guia. Habita augas dende os poucos metros ata os 40 aproximadamente.
Diferenciase moi ben "in situ" do resto dos gobios. A sua coloracion a manchas marróns e vermellas, con puntos negros ó largo da línea lateral e característica. Ademáis, os labios están "pintados " de encarnado moi vivo. Tamén as mejillas. Estes carateres son moi visibles debaixo do mar sobre todo a profundidades pequenas, pois a mais fondura as cores vermellas perdense logo. Na cabeza presenta unhas liñas de puntiños negros, que non son mais que papilas sensoriais, ainda que este caracter non é tan evidente.
Son gobios grandes, poden alcanzar os 18 cm. Habitan fondos de todo tipo, pero son especialmente abundantes nos substratos rochosos e mesmo en zonas de area entre as pedras, como o exemplar da fotografía.

domingo, 6 de enero de 2008

Pomatoschistus minutus (Pallas, 1770)


Este é o gobio da area, en principio. En principio porque a identificacion dos membros deste xénero (Pomatoschistus) a partir dunha simple fotografía non é fiable o cen por cen, pero é a opción con mais peso. Son da cor da area e por iso van pasar moitas veces desapercibidos. So de perto vense facilmente, e as veces en densidades extraordinarias de ata 50 individuos por metros cuadrado. Levan un moteado moi fino de cor negra e ferruxinosa. Os machos levan unhas barras verticais negras e o peito non esta pigmentado.
Esta especie esta distribuida por toda a Europa Atlántica e Mediterránea.
Son pequenos, os maiores ó redor dos 9 cm. Comen pequenos invertebrados bentónicos. Pero eles son ademais alimento básico de outras especies mais importantes comercialmente.Están en fondos de area e fango ata os 20 metros. Reprodúcense na primavera e no verán poñendo os ovos baixo cunchas de moluscos como os mexilóns, tal como fan moitas outras especies da mesma familia (Gobidae). Despois os machos custódianos e cúidanos durante varios días.

martes, 27 de noviembre de 2007

Gobiusculus flavescens (Fabricius, 1779)


Este é o gobio nadador. Forman parte dunha familia moi ben representada en Galicia, con a lo menos 15 especies. Sen embargo este xénero so ten un representante que é este.
Normalmente son peixes que viven no fondo ( pero non a moita profundidade), pero neste caso non é así. Son nectónicos, mantéñense na columna de auga nadando. Normalmente nadan por entre al algas (moi frecuentes entre as Laminariais) ou fanerógamas (Zostera), pero tamén poden quedar nas pozas da marea baixa. Andan en grupos non excesivamente grandes, de varias decenas de individuos.
Como é característico da familia, teñen as aletas pectorais modificadas en forma de ventosa (disco pélvico). Teñen os ollos ben grandes e nunha posición moito mais lateral que o que é habitual nos gobios (¿será por seren nectónicos?). Pero para identificalos debaixo da auga o mais eficaz e fixarse na mancha negra cun reborde amarelo que presentan na base da aleta cauda (unha a cada lado claro), moi evidente. Os machos, ademais, teñen outras debaixo da primeira aleta dorsal, asi que observando ben atá se pode averiguar o sexo. Este feito fai que tamén se lle chame Gobio das dúas manchas.
A cor xeral a mais ben roxiza e verdosa, mais escura no dorso que no ventre, e cunha reticulación negra.
Comen crustáceos pequenos, quetognatos e larvas. Reprodúcense na primavera e verán, e deixan os ovos pegados nas algas ata que ecloden.