lunes, 2 de enero de 2012

Salmo salar Linnaeus, 1758

Por primeira vez vai unha foto sacada no río e non no mar. O salmón tamén é un peixe de mar, tanto como de río, pero é aquí onde é mais accesible velos e fotografialos. Pertence a unha familia, a Salmonidae, con 3 especies nas nosas augas. A troita que é puramente de río, o propio salmón e o reo, unha subespecie de troita para uns, a mesma cousa para outros. Os salmóns ibéricos nacen no río onde pasan un par de anos (fase "pinto"), para despois baixar ó mar aproveitando as crecidas dos meses de abril-maio, chamándose neste período "esguins", o que supón grandes cambios a nivel sobre todo de regulación osmótica, como outros peixes anádromos. No mar pasarán un ou varios invernos, chegando a migrar ás veces ata 5000 km do seu río de orixen. No mar dedícanse sobre todo a medrar. Cando madurar sexualmente, é tempo de voltar ós ríos, pasado un ou varios anos nos mar. Aproveitan as crecidas para ir avanzando rio arriba ata os frezaderos. Os mais fortes reprodúcense no curso mais alto, e os añales (salmóns cun só ano de mar), mais abaixo.

martes, 8 de noviembre de 2011

Gobius paganellus (Linnaeus, 1758)

Parece que os lorchos nunca terminan. Este é un lorcho escamento, moi frecuente en Galicia en zonas rocosas e tamén con area fina. É especialmente frecuente nas pozas que quedan coa marea baixa, incluso debaixo de algas emerxidas coa baixamar, onde aguantan ata unha nova marea. Como G. niger e outro, son frcuentes nos fondeadoiros de pequenas embarcacións, aproveitando os mortos dos barcos como hábitat.
Recoñécese pola banda amarela ou laranxa que recorre a primeira aleta dorsal, non moi visible na miña fotografía. A cor é moi variable: normalmente castaños ou pardos, pero os machos reproductores son negros co borde das aletas claro. Viven non só no Atlántico, senon tamén no Mediterráneo e no mar Negro. Incluso conseguiron alcanzar o Mar Vermello a través do Canal de Suez. Viven uns 10 anos, e comen pequenos invertebrados da area e algas.

lunes, 13 de junio de 2011

Pomatoschistus pictus (Malm, 1865)

Outro lorcho. Este é moi frecuente e abundante, en fondos de area media e grosa, e a vecez aparece nas zonas de pedra, como na foto. Pertence a un xénero complicado, pero neste caso a especie diferénciase ben, porque as aletas dorsais teñen un puntos negros moi característicos que forman varias liñas lonxitudinais. Ademáis, o corpo presenta catro pares de manchas negras nos laterais. A cor de fondo a verde parduzca, mais ou menos clara. Non soe pasar dos 6 cm, e ás veces atópanse en densidades de mais de 20 peixes por metro cuadrado. Viven dende as pozas de marea, hasta mais abaixo dos 50m, e como o resto dos lorchos, comen pequenos invertebrados, sobre todo. Esta especie esta distribuida dende Noruega a Canarias en no Mediterráneo.

domingo, 10 de abril de 2011

Liza ramada (Risso, 1827)


Os muxos son peixes frecuentes en zonas costeiras e coñecidos por todos. Este é un dos 4 tipos diferentes que hay en Galicia. Non é fácil diferencialos debaixo do mar. Neste caso, o da foto é Liza ramada: ten as aletas pectorais cortas e redondeadas en comparación co outro membro do xénero que vive en Galicia (L. aurata). Tamén se diferencia en que teñen unha pintiña negra na base das pectorais, mais ou menos recoñecibles debaixo do mar. Ás veces presentan unha marca amarillenta na zona do opérculo, algo que neste caso o pode confundir con L. aurata. É un peixe que se adentra en estuarios, soporta moi ben a auga doce. Aínda que vive perto da superficie, baixa ó fondo a alimentarse de algas e pequenos invertebrados do fondo ou do plancton, ademáis de detritos. É moi fácil de ver. Hai quen lle da valor gastronómico, nese caso convén manipular peixes de zonas abertas, lonxe das grandes cidades e portos. É un peixe que pode chegar a medir 70 cm, pero o normal é ver individuos de 30-40 cm. Vive no Atlántico norte, de Noruega ata Senegal, e no Mediterráneo e Mar Negro.

domingo, 2 de enero de 2011

Diplodus vulgaris (Geoffroy Saint-Hilaire, 1817)

Despois de tanto tempo traio outro dos sargos que temos en Galicia, aínda que a foto non é das mellores. Éste é o sargo "vulgaris" ou mojarra como lle chaman noutras zonas de España.
Distínguese debaixo do mar polo patrón de manchas negras, unha na nuca e outra na parte superior do pedúnculo, que pode alcanzar a aleta dorsal. No corpo pódense apreciar ás veces unhas líneas amarelas e uns tons azulados na cabeza. É un peixe que vive no Mediterráneo e no Atlántico oriental, desde Francia ata Cabo Verde (illas macaronésicas incluídas), e desde Angola ata Sudáfrica, aproximadamente. Habitan zonas rocosas e arenosas, pero tamén sebadales cando son pequenos. Bastante frecuentes en calquera inmersión neste tipo de fondos.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Listado de peixes de mar de Galicia


Acábase de publicar o listado actualizado de peixes de mar de Galicia. Agora xa sabemos que hai casi 400 peixes difentes no noso mar, e coñecemos como se chaman.

Ésta é a referencia:

Rafael Bañón, David Villegas-Ríos, Alberto Serrano, Gonzalo Mucientes, Juan Carlos Arronte. 2010. Marine fishes from Galicia: an updated checlist. Zootaxa, 2667: 1-27.

Consúlta online o artigo e o corrigendum, ou contacta cos autores (anoplogaster@yahoo.es; villegas@iim.csic.es)

domingo, 17 de octubre de 2010

Noticia


Publicado un novo rexistro para a ictiofauna galega. Trátase de Gobius xanthcephalus, gobio de cabeza amarela, do que fai tempo se falou en PeixesdeGalicia.
Publicado en Cybium, 34 (3): 311-314.