lunes, 2 de enero de 2012

Salmo salar Linnaeus, 1758

Por primeira vez vai unha foto sacada no río e non no mar. O salmón tamén é un peixe de mar, tanto como de río, pero é aquí onde é mais accesible velos e fotografialos. Pertence a unha familia, a Salmonidae, con 3 especies nas nosas augas. A troita que é puramente de río, o propio salmón e o reo, unha subespecie de troita para uns, a mesma cousa para outros. Os salmóns ibéricos nacen no río onde pasan un par de anos (fase "pinto"), para despois baixar ó mar aproveitando as crecidas dos meses de abril-maio, chamándose neste período "esguins", o que supón grandes cambios a nivel sobre todo de regulación osmótica, como outros peixes anádromos. No mar pasarán un ou varios invernos, chegando a migrar ás veces ata 5000 km do seu río de orixen. No mar dedícanse sobre todo a medrar. Cando madurar sexualmente, é tempo de voltar ós ríos, pasado un ou varios anos nos mar. Aproveitan as crecidas para ir avanzando rio arriba ata os frezaderos. Os mais fortes reprodúcense no curso mais alto, e os añales (salmóns cun só ano de mar), mais abaixo.

6 comentarios:

Xandre dijo...

VGai ven a cousa, coma sigas completando o blogue deste xeito vai ser referencia, se non o é xa.

Iván dijo...

Esto esta pidiendo fotos en 3D, y la posibilidad de vista en 360º ya seria la os...
Esta cojonudo, hasta Xián queda flipado, piensa que estan vivos en la foto

David dijo...

Alegrome de que guste, en breve mais peixes dos nosos ríos.
Un abrazo

Anónimo dijo...

Enhoraboa.Alucinante foto de 10.. non tiveches problemas para sumerxirte co equipo e demais nunha zona de salmón...

David dijo...

Carlos, contamos con tódolos permisos para meternos no río. O único problema é a agua que está entre 5 e 9 grados.
Un abrazo

Salmi dijo...

Parabens pola túa páxina, pero permíteme facer 2 comentarios con respecto o comentario da foto do salmón. Case ningún autor científico , actualmente, considera o reo coma unha subespecie, como moito unha morfha ou forma migradora da troita común. Por outra banda, os esguins de salmón na peninsula Ibérica maioritariamente ( un 80% + ou - segúdo as poboacións)migran o mar cun ano de vida(Clase 1+).Gracias.