Mostrando entradas con la etiqueta Fam. Rajidae. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fam. Rajidae. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de mayo de 2009

Raja montagui Fowler, 1910 (por confirmar)


Este peixe penso que é unha raia pintada. Vive un pouco mais profunda que a raia mosaico , empeza a aparecer a partir dos 15-20 metros (a foto foi feita a 18 m), ata 100-200 m. Ten unha coloración dorsal de fondo gris-marrón, cuberta de puntos escuros. Polo ventre é blanca. Nas aletas pectorais soe ter circulos de puntos que rodean pequenas manchas brancas. Distínguese moi ben debaixo do mar. Son animais ovíparos, cada femia deposita varias decenas de ovos (cápsulas) ó ano, en fondos brandos. As raias pequenas, ó nacer, tenden a seguir grandes obxetos, como son as súas nais. Comen sobre todo crustáceos do fondo. Vive en toda a costa atlántica europea (ata Mauritania) e Mediterráneo.
En Galicia péscase sobre todo con miños. En caldeirada está boa, pero non nesta época ("en maio por ben que che vaia non comas raia").

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Raja undulata Lacepède, 1802


Esta é a raia mais abundante en aguas de Galicia, e a que se pode ver mais frecuentemente a profundidades someras, entre 1 e 90 m. Viven sobre fonfo de area. Distínguese ben debaixo do mar polo patrón de liñas e puntos do seu dorso. Aliméntase de invertebrados bentónicos. Como o resto das raias, son ovíparas, os ovos son cápsulas semitrasnparentes, das que nacen os xuvenís directamente, entre maio e setembro.Son animais de crecemento lento (chegan medir 1 m.) e fecundidade baixa, polo que é especialmente sensible a sobreexplotación.
Esta especie está en todo o Atlántico noreste, dende as Illas Británicas ata Senegal, e tamén no Mediterráneo.
*Bañon et al., 2007. Composicion, distribución y abundancia de rayas (Elasmobranchii: Rajidae) en aguas costeras de Galicia.