lunes, 25 de mayo de 2009

Raja montagui Fowler, 1910 (por confirmar)


Este peixe penso que é unha raia pintada. Vive un pouco mais profunda que a raia mosaico , empeza a aparecer a partir dos 15-20 metros (a foto foi feita a 18 m), ata 100-200 m. Ten unha coloración dorsal de fondo gris-marrón, cuberta de puntos escuros. Polo ventre é blanca. Nas aletas pectorais soe ter circulos de puntos que rodean pequenas manchas brancas. Distínguese moi ben debaixo do mar. Son animais ovíparos, cada femia deposita varias decenas de ovos (cápsulas) ó ano, en fondos brandos. As raias pequenas, ó nacer, tenden a seguir grandes obxetos, como son as súas nais. Comen sobre todo crustáceos do fondo. Vive en toda a costa atlántica europea (ata Mauritania) e Mediterráneo.
En Galicia péscase sobre todo con miños. En caldeirada está boa, pero non nesta época ("en maio por ben que che vaia non comas raia").

5 comentarios:

Jorge Hernández Urcera dijo...

Yo apostaría por esta foto para la categoría de pez entero. Está genial!

carlosub dijo...

Preciosa foto e non me dera conta das duas especies de raia... en fin que me queda moito que aprender .

Noraboa de novo

David dijo...

Gracias, en Galicia hai polo menos 6 especies. De todos modos a especie da foto non está confirmada... dudo con outra.

Anónimo dijo...

E a partir de agora peor, pero xa ves os turistas de verán non paran de comer raia

Anónimo dijo...

Eu penso que é uma Raja brachyura. Na R. brachyura as pintas vão até extremidade das barbatanas. Na R. montagui as pintas começam a desaparecer no início da barbatana.