Esta é a femia. Son serráns pequenos (10 cm), que viven en zonas de area ou plantas mariñas. As fémias teñen unha coloración gris como a da foto, cunha bandas lonxitudinais oscuras. A papila xenital ,por onde saen os ovos, é azul e ten forma de cono. Os machos son marróns, cunha mancha na base do pedúnculo caudal (moi chamativa:negra-azul) e outra no inicio da dorsal. Ademáis levan 4-5 manchas na base ó longo da dorsal, pero poden estar mais difusas. Outro día poño a foto. Na época de reproducción (primavera, verán) os machos fan niños con algas e cunchas, sempre en zonas de area. As femias van alí a depositar os ovos, que son fertilizados rápidamente e coidados polo macho ata a eclosión. O comportamento do macho nesta época e todo un espectáculo. É un peixe que vive no Mediteráneo en no Atlántico, desde Gibraltar ata Arcachon, en profundidades someras. Aliméntase, como moitos outros serráns, de pequenos invertebrados.
1 comentario:
Os teus blogs son moi bos. Acabamos de facer unha entrada sobre eles no web da FGCMF (www.culturamaritima.org)
Publicar un comentario