domingo, 6 de enero de 2008

Pomatoschistus minutus (Pallas, 1770)


Este é o gobio da area, en principio. En principio porque a identificacion dos membros deste xénero (Pomatoschistus) a partir dunha simple fotografía non é fiable o cen por cen, pero é a opción con mais peso. Son da cor da area e por iso van pasar moitas veces desapercibidos. So de perto vense facilmente, e as veces en densidades extraordinarias de ata 50 individuos por metros cuadrado. Levan un moteado moi fino de cor negra e ferruxinosa. Os machos levan unhas barras verticais negras e o peito non esta pigmentado.
Esta especie esta distribuida por toda a Europa Atlántica e Mediterránea.
Son pequenos, os maiores ó redor dos 9 cm. Comen pequenos invertebrados bentónicos. Pero eles son ademais alimento básico de outras especies mais importantes comercialmente.Están en fondos de area e fango ata os 20 metros. Reprodúcense na primavera e no verán poñendo os ovos baixo cunchas de moluscos como os mexilóns, tal como fan moitas outras especies da mesma familia (Gobidae). Despois os machos custódianos e cúidanos durante varios días.

No hay comentarios: