Bueno, aquí está. O blenio portugués, que cada vez ten menos de portugués e mais de europeo. A historia deste peixe é curiosa. Clásicamente foi sinonimizado con Parablennius gattorugine, polo que sempre que aparecia onde quera que for, ambas especies eran rexistradas co mesmo nome. Ata que no ano 1979 primeiro (Almeida) e no 1982 despois (Bath), estableceuse como unha nova especie, daquela ainda do xénero Blenius (Blenius ruber). Dende que constitúe unha especie separada do P. gattorugine, este blenio so foi rexistrado en aguas portuguesas: Madeira, Portugal continental e sobre todo Azores, onde é un dos peixes litorais mais abundantes entre os 0 e os 20 metros. Isto propiciou que se comenzase a coñecer como blenio portugués...ata moi pouco. Recentemente dúas publicacions (Almeida, 2007 e Goodwin and Picton 2007) xa o situan nas costas europeas e nas illas británicas. Non é que antes no estivera alí, so que antes pasaba desapercibido ou confundíase. Pero existen fotografias deste peixe fóra das augas portuguesas dende hai moitos anos. Mais so agora se fixeron públicos estos datos. En España tamén está, no Atlántico e no Cantábrico, pois novamente xa hai fotografías del. Aínda así a sua abundancia en Galicia non ten nada que ver coa das Azores, onde insisto que é moi abundante.
Teñen unha cor vermella, o que lle esta a dar un novo nome comun, Blenio encarnado. Na época de reproducción, que vai de febreiro a xuño dependendo da zona, os machos vólvense mais escuros, granates. Son eles os que buscan o niño (fendas, buracos...), a onde acoden as fémias a depositar os ovos. A cada niño acude mais de unha femia, primeiro unha e despois outra. O macho permanece ó coidado dos ovos ata que eclosionan, limpando o niño, aireando os ovos e afastando posibles predadores dos ovos.
Comen algas e invertebrados. As veces atópanse agrupacions de varios individuos.
As diferencias có P. gattorugine son moi sutis e dificis de ver debaixo da auga. Hai diferencias na liña lateral, nos tentáculos supraorbitais, etc... Normalmente non pasan de 10 cm.
A fotografía que mostro non é de augas galegas, porque ainda non a teño. É de Azores, pero en canto o fotografíe aqui xa a cambio.
--
* Almada, V. C., Domingues, V. S., Monteiro, M. N., Almada, F. & Santos, R. S., 2007. Molecular data confirm the validity of the Portuguese blenny (Parablennius ruber, Valenciennes, 1836) and its presence in Western Europe. Journal of Fish Biology, 70 (B), 258-254.
*Almeida, A. J., 1979. Revalidation of Blennius ruber Valenciennes, 1836 (Pisces: Blenniidae). Communication presented at the III European Ichthyological Congress, Warsow 1979, 3pp.
*Bath H., 1982. Beintrag zur Revalidation von Parablennius ruber (Valenciennes, 1836) mit kritischen Bemerkungen zur Gültigkeit der Gattung Pictiblennius Whitley 1930 (Pisces: Blenniidae). Senckenbergiana Biologica, 62 (4/6), 211-224.
*Goodwin, C.E. & Picton, B.E., 2007. The red blenny Parablennius ruber in the British Isles, with notes on field identification characteristics and ecology. Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom, 87, 1309 – 1313
1 comentario:
David, creo que yo tengo una pero no se si es el gattorugine, tu veras. Colgué la foto en el concurso de bajoelagua. Te estoy empezando a hacer competencia. Si la quieres solo tienes que pedirla. Me encantaría colaborar en tu blog.
Publicar un comentario