viernes, 21 de diciembre de 2007

Liparis montagui (Donovan, 1804)


Este peixe tan curioso pertence a única especie do xénero Liparidae citado en Galicia.

Son peixes pequenos, de ata 10 cm de lonxitude, e teñen o corpo comprimido lateralmente e con forma redondeada. As aletas pélvicas forman unha ventosa coa que se fixan a rochas ou algas, como na imaxe. Non teñen escamas, pero sí uns dentículos dérmicos. Xeralmente son de cor pardo ou alaranxados. O exemplar da fotografía non cumpre o patrón xeral de coloración. Viven ata os 30 metros de profundidade. Son peixes de augas frías; as augas ibéricas son o limite sur de distribución en Europa. Aliméntanse de pequenos crustáceos (sobre todo anfípodos) entre as rochas e algas.

No hay comentarios: