É un peixe que tiña o seu límite norte (no Atlántico oriental) en Angola primeiro e Cádiz despois. Agora é Galicia (Bañon & Sande, 2007) Son peixes corneta, do mesmo Orde que os cabaliños e os trompeta, pero dunha familia distinta (Fistulariidae). Son extremadamente longos, cunha prolongación da aleta cuadal de varias decenas de centímetros. Son peixes cando menos chamativos debaixo da auga.
- Pisodonophis semicinctus.
É o segundo rexistro no Atlántico europeo (Bañon et. al, 2002). É outra especie que tiña unha distribución clásica que chegaba ata os 37ºN, é dicir, Angola no Atlántico e Alxeria no Mediterráneo. A cita en Galicia amplia considerablemente esta distribución.
-Gaidropsaurus granti.
www.horta.uac.ptPeixe habitante das Canarias e Azores (onde é chamado "viúva do alto"), pero tamén agora citado para Galicia. É un peixe da familia da maruca (Lotidae). Vive en profundidade medias, entre os 20 e os 50 metros.
Este son só tres, pero a lista continúa. De serguiren así as cousas, terémonos que ir habituando xa a estes novos habitantes das nosas costas...
Deixo unha lista de outros peixes de afinidade tropical rexistrados para Galicia nos últimos anos:
- Pseudocaranx dentex
- Hoploustethus cadenati
- Neoscopelus macrolepidotus
- Nettastoma melanura
- Halosaurus ovenii
- Cyttopsis roseus
- Carnax crysos
- Dasyatis violacea
- Physiculus dalwigkii
- Neoscopelus microchir
- Linophryne coronata
Álvarez Salgado, X.A., 2007. A proba de escépticos. La voz de Galicia (20/11/2007).
Bañón, R.; del Rio, J.L.; Piñeiro, C.; Casas, M. (2002). Occurrence of tropical affinity fish in Galician waters, north-west Spain. J. Mar. Biol. Ass. U.K. 82(5): 877-880.
R. Bañón, C. Sande.2007 First record of the red cornetfish Fistularia petimba (Syngnathiformes: Fistularidae) in Galician waters: a northernmost occurrence in the eastern Atlantic .Journal of Applied Ichthyology (OnlineEarly Articles).
1 comentario:
A presencia da corneta colorada Fistularia petimba é un dos casos máis espectaculares de expansión cara o norte do límite de distribución para un peixes mariño cun desprazamento en liña recta cara o norte de 2600 km en 17 anos, é dicir unha media de ¡¡153 km por ano!!.
Publicar un comentario