jueves, 9 de abril de 2009

Symphodus bailloni (Valenciennes, 1839)

En Galicia hai varias especies de serráns (ou vellos), e esta é unha. Aínda que se chaman serráns, non pertencen a familia dos Serránidos, como as cabras ou os meros; son Lábridos, como as maragotas e os cans. Esta especie é unha das 5 do xénero Symphodus en Galicia. Debaixo do mar parécese sobre todo ó S. melops. Para diferencialos hai que fixarse nas manchas escuras do corpo, que por outra parte ás veces son demasiado tenues ou simplemente non están. Esta especie ten unha no pedúnculo caudal e algunha mais na dorsal, aínda que na foto non se aprecian ben. Tamén ten o pedúnculo caudal moi alto en comparación con outras especies similares. Como outros serráns, os machos fan uns niños con algas, transportándoas na boca ata o lugar elexido. Cando está listo, as fémias van a deixar alí os ovos que rápidamente son fecundados. Despois o macho queda un tempo preto do niño para cuidar a prole. Seguramente sexan hermafroditas como tantos outros lábridos. Viven en fonduras de ata 50 m, en zonas de rocas con algas. Comen invertebrados do fondo. O normal e ver exemplares de ata 15-18 cm. É un peixe ben extendido no Atlántico oriental, dende Mauritania ata o Mar do Norte de Europa e o Mediteráneo.

1 comentario:

Fernando dijo...

Fermosisimo David, como decia en algun "post" a min gustame pescar peixes o igual que navegar en nos dous casos o que me gusta son os peixes e mais os barcos, topolod domingos espero por "vivilo mar" na TVG para ver moitas veces imaxes repetidas, pero sempre de peixes, lembrame os meus tempos onde con unhas gafas e aletas disfrutabe de eles, incluso ata xogar as veces.
O ditp, parabens!
Fernando