
Este peixe chámase bruxa. Son parecidos ós cabrachos (Fam. Scorpaenidae). Viven en fondos de rochas con abundancia de algas, dende a baixamar ata os 20 ou 30 metros. Ainda que son frecuentes, non son moi fáciles de ver debaixo do mar debido a súa camuflaxe. Normalmente son de cor vermella, marrón ou incluso verdosa, en función do sustrato. Son carnívoros, comen peixes e crustáceos sobre todo. Non convén andar a tocalos nen molestalos porque algunhas das espiñas poden ter veneno.
Esta foto mostra a mesma especie. A diferencia de cor é notable. É un caracter moi variable nas bruxas.
1 comentario:
Unha bruxa un tanto pálida, jaja
Bonita foto!!
Publicar un comentario