sábado, 21 de junio de 2008

Callionymus lyra Linnaeus, 1758


Aquí está o escarpón, un deles, porque en Galicia hai 3 diferentes. Tamén se chaman lagartos nalgunhas zonas.
Este vive nos fondos blandos de area ou grava. Son moi desconfiados, e corren a enterrarse ante ó mínimo perigo. Os machos adultos teñen tonalidades azuis e unhas aletas tamén con bandas desa cor. As fémias e os xóvenes son menos chamativos, con tons marróns con manchas brancas, e as veces levan como 4 ou 5 sillas de montar no dorso, como na foto. O fuciño e moi pronunciado.
Esta especie é abundante nas inmersións mais habituais, a partir dos 5 ou 6 metros. Ás veces vense exemplares grandes, de ata 20 cm ou incluso mais. O dificil é poder velos e fotografialos coas aletas extendidas, pois son moi chamativas sobre todo nos machos.

No hay comentarios: