domingo, 2 de marzo de 2008

Tripterygion delaisii Cadenat & Balche, 1970



Este é tamén un lorcho, pero dunha nova familia, a Tripterygiidae. Son peixes próximos os blenios. Esta é, en principio, a unica especie desta familia en Galicia.

Os machos, cando estan en época reproductora, son de cor alaranxada e a cabeza negra. Fóra desa época son como o da fotografía. As fémias son tamén así, pero presentan unha mancha moi característica na base da aleta caudal. En principio o exemplar da foto é un macho fora da época de reproducción.

Son peixes moi "mansos", déixanse aproximar ben. Viven tipicamente no submareal, dende os 5 ata os 20 metros. Esta fotografia é a 19 m. Habitan sustrato rochoso onde parece que estan a posar para a fotografía. Aliméntanse como moitos outros lorchos, de invertebrados do fondo, e algas. A característica desta familia é que teñen tres aletas dorsais (de ahí o nome de "tripterygion"), as dúas primeiras de radios duros e a terceira de radios brandos. Non hai confusión debaixo do mar. Na época de reproducción (no verán) macho e femia interpretan unha danza moi chamativa, para que ten a sorte de vela.

1 comentario:

Buti dijo...

Encantoume ese "en principio e a única especie desta familia en Galicia", porque si houbese máis xa as encontraremos!!! jaja Noraboa polas fotos!!