domingo, 10 de febrero de 2008

Trisopterus luscus (Linnaeus, 1758)

Esta é unha faneca. Pertence á familia Gadidae, como os abadexos, bacallaos, lirios, marucas, bertorellas e outros. É unha familia ben representada en Galicia.
A faneca é un peixe demersal, que vive en fondos ata os 100 metros ou mais. Os exemplares mais pequenos estan a profundidades menores e son moi frecuentes en inmersións nas Rías. Son gregarios, viven sobre fondos de rocha, normalmente en zonas de pequenas covas ou fendas. Tamén están en fondos de area ou fango, normalmente asociados a unha pequena zona de rocas ou obxeto fundido. Aliméntanse de invertebrados bentónicos e tamén de algún peixe. Son animais que van ata os 40 cm., ainda que o tamaño normal que se ve e se pesca nas Rías vai ata os 25 cm. Son peixes bastante curiosos e logo se habitúan a presencia dos buceadores. Presentan unha cor castaña-amarelada, mais ou menos escura dependendo do fondo onde vivan, e cunha serie de bandas transversais ó longo do corpo, mais claras. Teñen 3 dorsais e barbillóns (barbillas submandibulares).

Moitas veces confúndese cunha especie similiar, Trisopterus minutus (Linnaeus, 1758), o chamado fodón. Os dous teñen unha forma e hábitos precidos, tres aletas dorsais, cor marrón dourada, etc. pero a faneca é lixeiramente mais alta, ten as dúas aletas anais unidas na base (o fodón tenas separadas), presenta unha mancha negra na base das pectorais (ausente en T. minutus), e a disposicion das diferentes aletas e tamén un pouco diferente. Con hábito, estas dúas especies diferéncianse ben debaixo do mar.

2 comentarios:

Buti dijo...

Moi ben meu amigo, debaixo do mar quédanos claro, no plato q prefires?jaja

Unha aperta!!

Administrador. dijo...

Mellores fotos farias con este equipo.
http://www.liquidimageco.com/home/home.html