domingo, 10 de abril de 2011

Liza ramada (Risso, 1827)


Os muxos son peixes frecuentes en zonas costeiras e coñecidos por todos. Este é un dos 4 tipos diferentes que hay en Galicia. Non é fácil diferencialos debaixo do mar. Neste caso, o da foto é Liza ramada: ten as aletas pectorais cortas e redondeadas en comparación co outro membro do xénero que vive en Galicia (L. aurata). Tamén se diferencia en que teñen unha pintiña negra na base das pectorais, mais ou menos recoñecibles debaixo do mar. Ás veces presentan unha marca amarillenta na zona do opérculo, algo que neste caso o pode confundir con L. aurata. É un peixe que se adentra en estuarios, soporta moi ben a auga doce. Aínda que vive perto da superficie, baixa ó fondo a alimentarse de algas e pequenos invertebrados do fondo ou do plancton, ademáis de detritos. É moi fácil de ver. Hai quen lle da valor gastronómico, nese caso convén manipular peixes de zonas abertas, lonxe das grandes cidades e portos. É un peixe que pode chegar a medir 70 cm, pero o normal é ver individuos de 30-40 cm. Vive no Atlántico norte, de Noruega ata Senegal, e no Mediterráneo e Mar Negro.

2 comentarios:

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...

Interesante!!Coma sempre!!!