martes, 27 de abril de 2010

Serranus cabrilla (Linnaeus, 1758)


As cabras (ou crabas) son peixes frecuentes en Galicia, aínda que tardei bastante en conseguir a foto. Son primos dos meros, aínda que neste caso non pasan dos 25-30 cm. Distínguese perfectamente do resto de peixes debaixo do mar. Primeiro pola coloración, con 7-9 bandas verticais pardas polos flancos, sobre un fondo castaño-roxizo. Tamén pola mandíbula inferior, moi prominente. As aletas, ademáis, levan un moteado en azul brillante, moi característico. Como o resto dos meros e serránidos, é moi voraz, aliméntase de pequenos peixes e invertebrados. Vive en profundidades accesibles ós buceadores, entre os 0 e os 35 metros. Moitas veces quédanse "posando" diante nosa, e tamén son característicos os seus "bostezos". Son hermafroditas simultáneos, é dicir, teñen ó mesmo tempo órganos reproductores masculinos e femininos. Vive en todo o Atlántico este, do Canal da Mancha a Sudáfrica, e no Mediterráneo.

1 comentario:

carlosub dijo...

Espectacular a foto.. eu o outro dia fixenlle a unha nunha cova pero a pobre tiña dous piollos de mar enormes.
Noraboa