jueves, 25 de junio de 2009

Labrus mixtus Linnaeus, 1758


Este peixe é un can.
É inconfundible debaixo do mar, pola súa forma esbelta e cabeza puntiaguda. A coloración é diferente nos machos e nas fémias. Estas son de cor de fondo alaranxado ou rosado, con riscas azuis na cabeza moi chamativas, pero sobre todo con 2-3 manchas negras no fin da base da dorsal chegando ó pedúnculo caudal, intercaladas con manchas brancas, características da especie. Os machos xuvenis son de igual coloración as fémias pero sen as manchas características. Os machos presentan unha coloración azul escura na cabeza con líñas azuis que se extenden hacia atrás polos flancos do corpo. O resto do corpo é alaranxado (outro día poño a foto dun macho). Nos dous sexos, a marxe das aletas leva unha liña azul brillante. Na época fértil levan unha mancha branca na cabeza.
Os machos medran mais (ata 35 cm) que as fémias. Viven en zonas de pedra con golfeiro, pero chegan ata os 200 m de profundidade. As fémias son moi curiosas, nadan hacia o buceador e xiran moi cerca para volver por onde viñeron. Os machos asoman a menudo en covas, ainda que tamén se ven nadando libremente, normalmente a mais fondura.
Como moitos outros lábridos, estes peixes nacen fémias (con excepcións) e chegada unha idade cambian de sexo. Poñen os ovos en niños feitos con algas que parece ser que cuidan os dous proxenitores.
Aliméntanse de pequenos crustáceos e moluscos bivalvos.
Viven desde Noruega a Senegal, Azores e o Mediteráneo.

2 comentarios:

carlosub dijo...

Impresionante foto.. e a información completísima.

Encantoume a do Coruxo pero ista non lle desmerece nada.

Noraboa...

David dijo...

Gracias.
os machos son todavía mais bonitos.

Saudos