jueves, 26 de febrero de 2009

Ctenolabrus rupestris (Linnaeus, 1758)


Este é o tabernero (non sei se hai outros nomes comúns en galego). É un pequeno lábrido de ata 18 cm e 20 anos de idade que vive na zona litoral, ata os 50 m de profundidade, en fondos de pedra. Recoñécese ben pola mancha oscura na parte superior do pedúnculo caudal. Ten outra no primeiro radio da aleta dorsal, aínda que na foto no se aprecia. A coloración pode ser dende marrón ata verdosa ou alaranxada. Come pequenos invertebrados. Tamén parásitos doutros peixes, e por iso ten sido utilizado para desparasitar salmóns nas xaulas de cultivo do norte de Europa. Como outros membros da familia, reprodúcese no verán; o macho defende territorio. É un peixe de augas templadas; vive no Atlántico noreste (de Noruega a Marrocos) e no Mediterráneo e Mar Negro. En Galicia é relativamente frecuente.

4 comentarios:

Jorge Hernández Urcera dijo...

Que bien lo pillaste. Menos mal que decías que con tu cámara no podías tomar fotos a peces en movimiento....

David dijo...

Es así...la cámara tarda muchísimo desde que se dispara hasta que hace la foto. Este debía de estar medio dormido...

carlosub dijo...

Ola David . que te parece o peixe que metin na última entrada do meu Blog fotosub galego..e de verdade?

O que lein e que o que parecen os ollos son puntos do olfato e os ollos son os bultos verdes dentro do craneo transparete... e increible .. supoño que será un peixe abisal?

carlosub dijo...

Graciñas pola Información David, xa vexo que non so tes controlados os peixes de aqui.. porque iste era raro raro raro.. en fin gracias de novo e xa seguimos en contacto