miércoles, 19 de noviembre de 2008

Raja undulata Lacepède, 1802


Esta é a raia mais abundante en aguas de Galicia, e a que se pode ver mais frecuentemente a profundidades someras, entre 1 e 90 m. Viven sobre fonfo de area. Distínguese ben debaixo do mar polo patrón de liñas e puntos do seu dorso. Aliméntase de invertebrados bentónicos. Como o resto das raias, son ovíparas, os ovos son cápsulas semitrasnparentes, das que nacen os xuvenís directamente, entre maio e setembro.Son animais de crecemento lento (chegan medir 1 m.) e fecundidade baixa, polo que é especialmente sensible a sobreexplotación.
Esta especie está en todo o Atlántico noreste, dende as Illas Británicas ata Senegal, e tamén no Mediterráneo.
*Bañon et al., 2007. Composicion, distribución y abundancia de rayas (Elasmobranchii: Rajidae) en aguas costeras de Galicia.

2 comentarios:

carlosub dijo...

Eu de uns anos a esta parte e raro que me atope algunha,, non sei pero e igual que as sollas que antes habia moitas mais.. ou polo menos nas zonas donde eu buceo..que opinas? e xa non falemos dos rodaballos

David dijo...

Eu tampouco vexo moitas. Sollas e platixas si, pero hai que buscalas na area con calma. Rodaballos e coruxos tampouco se ven moito, eu polo menos.