Este pequeno lorcho fedorento (sen escamas), frecuente en Galicia, mostra gran curiosidade polo que lle rodea, buceadores incluidos. É un peixe de afinidade subtropical, presente nos dous lados do Atántico e no Índico. Vive a profundidades entre os 0 e os 25-30 metros, sempre en fondos de pedra, se son expostos mellor. Aparece moi frecuentemente asociado ó briozoo Pentapora foliacea, asomando a cabeza entre as suas "follas". Aliméntase de pequenos invertebrados bentónicos. Non pasa dos 10-12 cm. Pode presentar varias coloracións ou libreas, a da foto é unha delas. Unha característica que o identifica moi ben é a reticulación en forma de panal de abellas nas mejillas. A pesar de que buceando se ve con frecuencia, o seu carácer xoguetón (non para quieto) fai que sexa dificil fotografialo.
1 comentario:
Gran lorcho fedorento, si señor, noraboa!
Publicar un comentario