O congrio vive cerca da costa mentres é xuvenil, e vai migrando a augas mais profundas ó convertirse en adulto. Pódese encontrar ata profundidades de 500 m. Vive en fondos de area ou de pedras, cascos de barco afundidos e outras estructuras que lle ofrezan protección. É un peixe de hábitos nocturnos, cando se alimenta principalmente de cefalópodos, peixes e crustáceos. De día o normal é encontralo dentro do laño, ainda que ás veces poden sair e acompañar o buceador cun comportamento moi manso. Vive en toda a costa europea Atlántica, e no Mediterráneo. En Galicia aínda é un peixe moi frecuente. É un peixe semélparo, reprodúcese unha soa vez na súa vida, pero pon ó redor de 5-8 millóns de ovos. Ten valor culinario, con fideo non está mal.
1 comentario:
Hay que repetir esa inmersión, eh??
Ya me dijeron que no estuvo nada mal.
Un saludo,
Jorge
Publicar un comentario