viernes, 19 de febrero de 2010

Diplodus sargus cadenati de la Paz, Bauchot & Daget, 1974


Das 19 especies de espáridos que hay en Galicia, 5 son sargos, e o da foto é un dos mais abundantes. Os espáridos son o grupo que inclúe ós sargos, ás bogas, ós pámpanos, ós besugos e ás chamizas, entre outros.
Diplodus sargus cadenati, o sargo común, é a subespecie atántica (D.s. sargus é do Mediterráneo, e D.s. lineatus de Cabo Verde) e é facilmente identificable debaixo do mar. Ten o opérculo bordeado por unha membrana de cor negro. O corpo, de fondo gris, leva unha serie de bandas verticais, 5 das cales mais marcadas. Este patrón ás veces non é detectable nos xuvenís. O pedúndulo caudal tamén leva unha mancha negra en forma circular: ás veces únense na parte superior as de ámbolos dous lados, pero nunca chega a alcanzar o borde inferior do pedúnculo. Tamén o borde da aleta caudal está ribeteado de oscuro. Ás veces é visible no rostro una mancha tamén negra a modo de máscara. No exemplar da foto vese moi ténue.
Son peixes que habitúan a vivir en grupo ata os 40 metros de profundidade normalmente, preto de fondos de area ou roca, aínda que é frecuente velos encovados en fendas e cavidades profundas, sobre todo os individuos grandes. Medran ata os 45 cm., áinda que é raro ver exemplares de mais de 30 cm. É unha especie hermafrodita, son machos ó nacer e pasan posteriormente a femias, como moitos outros membros da súa familia. Esta subespecie está distribuída dende o Cantábrico á África tropical.

2 comentarios:

Xandre dijo...

Como siempre bonita foto. Por si te interesa (esto es autopropaganda) en "O fanequeiro" tengo colgado un post sobre los sargos. No llego al detalle de subespecie, es algo muy general (no soy un gan taxónomo que digamos) pero puede reslutar útil:

http://fanequeiro.blogspot.com/2008/07/sargos-diplodus-sp.html

Buti dijo...

Bonita foto Maragoto!!Siempre te gustó "dispararle" a los sargos,jaja.Un abrazo!