
En Galicia hai dous lenguados (sen contar as acedías), un é o de sempre e outro o que veu de fóra. O que veu de fóra é o da foto, o lenguado do Senegal. Según R. Bañón é unha das especies pioneiras na chegada doutras latitudes como consecuencia do cambio climático, xunto co peixe porco. Actualmente a biomasa desta especie descargada nas lonxas é considerable. É un peixe relativamente fácil de ver nas inmersións que incluén fondos de area, como son as inmersións de infantería desde praia. Nada coa parte esquerda para riba. A maneira mais fiable de identificalo debaixo do mar (e na plaza), e fixarse na aleta pectoral. Ten a membrana interradial escura, o que o diferencia de S. solea (o lenguado da terra), que ten un punto negro na punta da pectoral. Non hai estudios sobre a bioloxía desta especie en Galicia, pero parece ser que madura ós 30 cm. Aliméntase de invertebrados do fondo. Distribúese desde o Golfo de Biscaia ata Senegal, Mediterráneo incluído. As zonas someras e protexidas, tales como esteiros, desembocaduras, e pequenas bahías, son zonas de cría desta especie, dato importante para a súa xestión.
*Bañon et al., 2002. Occurrence of tropical afinity fish in Galician waters, north-west Spain. JMBA 82, 877-880