Despois de tanto tempo traio unha piarda ou peixe rei.
Estes pequenos peixes son os únicos representantes da familia en Galicia. Son peixes nectónicos, forman cardumes preto da costa e da superficie. Son habituais entre as grandes Laminariais, nos portos, nos areais, etc... De noite son moi activos, e vense totalmente transparentes á luz das linternas dos buceadores. Nas inmersións nocturnas pódense ver nadando cerca do fondo, nun grande número. Habituan a quedar quietos, e de repente fuxen cun par de aletazos...para pararse novamente a un par de metros.
Fóra da agua son prateados, pero dentro son mais bonitos: teñen un ton verdoso ou rosado, mais intenso na parte dorsal e mais pálido na ventral. Ademais é característica desta especie é unha liña prateada nos flancos do peixes, indo dende a base das pectorais atá onde comeza a caudal. A boca é moi oblicua, a mandíbula inferior sobresae. Os ollos son ben grandes. Teñen dúas aletas dorsais, e a segunda é maior e mais alta cá primeira. As pectorais son longas, e a anal é mais longa ca segunda dorsal.Estes pequenos peixes son os únicos representantes da familia en Galicia. Son peixes nectónicos, forman cardumes preto da costa e da superficie. Son habituais entre as grandes Laminariais, nos portos, nos areais, etc... De noite son moi activos, e vense totalmente transparentes á luz das linternas dos buceadores. Nas inmersións nocturnas pódense ver nadando cerca do fondo, nun grande número. Habituan a quedar quietos, e de repente fuxen cun par de aletazos...para pararse novamente a un par de metros.
Reprodúcense no verán, e pegan os ovos as algas que flotan, por medio de filamentos especiais. Comén pequenos invertebrados e larvas de peixes.
2 comentarios:
Por casualidad, ¿no tendrás una foto de un San Martiño?, dicen por ahgí que es un pez difícil de localizar.
Muy buen blog y suerte con tu colección.
(que putada que no pueda escribir como anónimo)
Ahora ya puedes.Del San Martiño no tengo nada decente, no.
Publicar un comentario