domingo, 14 de febrero de 2010

Atherina presbyter Cuvier, 1829


Despois de tanto tempo traio unha piarda ou peixe rei.
Estes pequenos peixes son os únicos representantes da familia en Galicia. Son peixes nectónicos, forman cardumes preto da costa e da superficie. Son habituais entre as grandes Laminariais, nos portos, nos areais, etc... De noite son moi activos, e vense totalmente transparentes á luz das linternas dos buceadores. Nas inmersións nocturnas pódense ver nadando cerca do fondo, nun grande número. Habituan a quedar quietos, e de repente fuxen cun par de aletazos...para pararse novamente a un par de metros.
Fóra da agua son prateados, pero dentro son mais bonitos: teñen un ton verdoso ou rosado, mais intenso na parte dorsal e mais pálido na ventral. Ademais é característica desta especie é unha liña prateada nos flancos do peixes, indo dende a base das pectorais atá onde comeza a caudal. A boca é moi oblicua, a mandíbula inferior sobresae. Os ollos son ben grandes. Teñen dúas aletas dorsais, e a segunda é maior e mais alta cá primeira. As pectorais son longas, e a anal é mais longa ca segunda dorsal.
Reprodúcense no verán, e pegan os ovos as algas que flotan, por medio de filamentos especiais. Comén pequenos invertebrados e larvas de peixes.

2 comentarios:

Xandre dijo...

Por casualidad, ¿no tendrás una foto de un San Martiño?, dicen por ahgí que es un pez difícil de localizar.
Muy buen blog y suerte con tu colección.
(que putada que no pueda escribir como anónimo)

David dijo...

Ahora ya puedes.Del San Martiño no tengo nada decente, no.