sábado, 6 de marzo de 2010

Chelidonichthys lucerna


O escacho (ou rubio ou berete) é un peixe frecuente en Galicia. Esta é a especie mais habitual no noso mar. Polo día son dificiles de ver, pero de noite a probabilidade de atopalos aumenta, sempre en fondos de area ou grava. Distínguese esta especie moi ben polo gran tamaño das aletas pectorais, que teñen o borde de cor azul moi vivo, e porque o corpo ten un aspecto liso, con escamas pequenas. A cabeza ademáis é mais alongada que o resto dos "triglidos". Esa liña escura ó longo dos flancos do corpo, que se ve na foto, tamén é característica.
Como outros escachos, estes peixes teñen 3 radios locomotores na aleta pectoral, cos que se axudan no desprazamento e revolven na area en busca de pequenas presas das que se alimentan. Son de cor roxiza, aínda que os xuvenís poden ser grisáceos. Viven a profundidades dende os 2-3 m (como o exemplar da foto) ata mais de 150 m., e alcanzan os 60-70 cm, aínda que os dese tamaño eu nunca os encontrei!. Está en todo o Mediteráneo, Mar Negro e Atlántico, dende Noruega ata Canarias. En Galicia péscase dentro e fóra das Rías con artes de enmalle; é especie comercial de gran valor culinario.

3 comentarios:

Xandre dijo...

Vai subindo a colección.
¿Para cando unha guía en imaxes da ictiofauna galega? Eu préstome voluntario para axudar coa descripción da ecoloxía das especies comerciais.

Mar dijo...

Este peixe si que é divertido!!Só con verlle a cara xa é pra rir!
¿Como foi a pesca hoxe?
Vai tres peixes foron pescar...

Mar dijo...

A información está moi ben, clara e concisa pra os que non sabemos moito!!