martes, 20 de octubre de 2009

Symphodus melops (Linnaeus, 1758)


Este é o serrán mais abundante en Galicia. Diferénciase deste outro rápidamente pola mancha oscura en forma de medialúa que teñen detrás de cada ollo (na foto case non se ve por causa dos isópodos parásitos). Levan ademias outra no pedúnculo caudal. A cor de fondo é moi variable, dende marrón a verde, cunha serie de puntos escuros organizados en bandas lonzitudinais da cabeza á cola. Viven en grupos en zonas de rocas a pouca profundidade, onde se alimenta de pequenos invertebrados. Os machos fan niños con algas entre as pedras ou en fendas, a onde as fémias van depositar os ovos na primavera. Son hermafroditas, primeira machos e logo fémias. Non soen pasar dos 20 cm e dos 9 anos de vida.

2 comentarios:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Saúdos David!

Parabéns polo teu interesante blog, acabo de descubrilo.

Un saúdo desde O Grove,
Damián

David dijo...

Gracias, alégrome que che pareza interesante.
Un saúdo