
Distínguese debaixo do mar polo patrón de manchas negras, unha na nuca e outra na parte superior do pedúnculo, que pode alcanzar a aleta dorsal. No corpo pódense apreciar ás veces unhas líneas amarelas e uns tons azulados na cabeza. É un peixe que vive no Mediterráneo e no Atlántico oriental, desde Francia ata Cabo Verde (illas macaronésicas incluídas), e desde Angola ata Sudáfrica, aproximadamente. Habitan zonas rocosas e arenosas, pero tamén sebadales cando son pequenos. Bastante frecuentes en calquera inmersión neste tipo de fondos.
3 comentarios:
Ola David!
Non sei se viche esta nova:
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/01/03/00031294050472333650135.htm
De que especie se trata?
Un saúdo,
Damián
Hola Damián, é un Lamna nasus, marrajo sardinero según me comenta Gonzalo Mucientes.
Un saúdo
Grazas David.
Dálle unha aperta a Gonzalo, compañeiro meu de facultade e amigo.
Saúde,
Damián
Publicar un comentario