lunes, 6 de julio de 2009

Centrolabrus exoletus Linnaeus, 1758


Este é un piloto, primo dos serráns e das maragotas. É un peixe pequeno que non pasa dos 20 cm, que vive en zonas de golfeiro a pouco fondo, onde come pequenos invertebrados. É bastante frecuente, vense moitas veces formando grupos numerosos nadando por riba de prominencias submarinas, en actitude "xoguetona" co submarinista. Normalmente son de cor rojiza, parda ou verdosa, coas aletas amarelas e lineas sinuosas coloridas na cabeza. Pero no verán os machos adquiren unha tonalidade azul brillante polo dorso moi característica, e as raias da cabeza acentúanse. Como o resto de lábridos, os ovos son depositados en niños feitos con algas no fondo.É un peixe que vive do norte ó sur de Europa, de Noruega a Portugal. Debaixo do mar poderíase confundir co tabernero (Ctenolabrus rupestris), pero o piloto non ten a mancha no pedúnculo caudal, entre outras diferencias. É un peixe dos chamados limpiadores, pois é frecuente un comportamento de desparasitaxe de outras especies, característica aproveitada na acuicultura de salmóns.

*Tully, O., Daly, P., Lysaght, S., Deady, S. & Varian, S. J. A. (1996). Use of cleaner-wrasse (Centrolabrus exoletus (L.) and Ctenolabrus rupestris (L.)) to control infestations of Caligus elongatus Nordmann on farmed Atlantic salmon. Aquaculture 142, 11–24.

6 comentarios:

carlosub dijo...

Perfecta explicación coma sempre David.a foto moi bonita, eu teño outro no blog cos cores azuis que dis pero e mais oscuro,iste ten un color precioso.

Another Cow In The Corn dijo...

Gracias por estas referencias. Os que non coñecemos moitas especies estamos algo perdidos no fondo do mar.

David dijo...

De nada, alégrome de que sirva de algo. Ainda que cada vez é mais dificil fotografiar especies novas!
Saúdos

carlosub dijo...

Hola David.. que te parece o peixe que teño no último post.. como comentó fai moito me pareceu ver un deles e pareciame que vira algo subrrealista.. iste pilleino ben e realmente non sei que peixe é ainda que eu lle chamo peixe lagargo..

carlosub dijo...

Gracias coma sempre pola tua axuda na información..
Benvido de novo.

Xandre dijo...

Vay actualizando o blog. Nin que estiveses de vacacións, jejeje.
Outros por ahí descubrindo especies:
http://www.elmundo.es/elmundo/2009/09/17/ciencia/1253178402.html
e ti mirando a champiñóns ligue.
A ver cdando nos levas a bucear.