lunes, 15 de junio de 2009

Phrynorhombus regius (Bonaterre, 1788)


Esta é outra especie dos chamados (na miña zona polo menos) Tapaconas.

Igual que Zeugopterus punctatus, vive co lado esquerdo para arriba, e como él é un dos poucos peixes planos que vive sobre as pedras en Galicia. Normalmente atópase en paredes, desplomes ou laxes menos inclinadas (como o da foto). Ten a habilidade de facer ventosa co corpo para manterse pegado ó sustrato. Non é dificil aproximarse a él debaixo do mar, o mais complicado é encontralo, porque teñen unha coloración que mimetiza moi ben co entorno, cunha cor de fondo marrón e con manchas rosadas, laranxas e vermellas mais ou menos grandes e intensas. O mais característico é o ocelo (mancha circular) que presenta na parte posterior do corpo, de cor laranxa rodeado de negro. Non presenta o típico antifaz de Z. punctatus. A nivel anatómico ten outras diferencias có outro tapaconas pero menos apreciables debaixo do mar. Vive desde os 10 metros ata mais alá dos 150. É de augas un pouco mais templadas que o seu primo, pois está desde o Atlántico norte ata a costa norte africana e o Mediterráneo. Come pequenos peixes e invertebrados.

2 comentarios:

carlosub dijo...

Impresionante a foto cos cores tan marcados. precioso. tamén se lle chamoa CORUXO.. creo..

David dijo...

Si hai zonas na que é coruxo...
Saudos