
Este é o Tapaconas, unha das dúas especias que hai.
É un dos poucos peixes planos que viven sobre substrato duro en Galicia. Atopase xeralmente estático sobre rochas, e é moi frecuente ve-lo descansar sobre a esponxa amarela Cliona celata.
Recoñécese ademais polas dúas bandas escuras que parten de cada ollo car as aletas dorsal e anal. Ademais hai unha gran mancha escura onde a liña lateral pasa de ser curva a ser recta. Os dous ollos estan en parte cubertos por escamas. A boca é case vertical, moi inclinada. Aliméntase de pequenos peixes e invertebrados. Pódense ver exemplares de hasta 30 cm.
É un peixe de todo o norte do Atlantico (nas dúas orillas) e tamén do Mediterráneo. No atlántico ibérico parece ser que ten o seu imite sur de distribución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario